scroll
scroll
scroll

A ÁREA ARQUEOLÓXICA DE CANDEÁN

Na nosa cidade hai actualmente rexistradas 37 mámoas, a maior parte sobre as pequenas mesetas dos montes circundantes, destacando os conxuntos de Candeán, A Madroa, Alto de San Cosme, Alto de San Colmado e o Rebullón, e Cotogrande. Moitas delas sufriron intensas alteracións e nalgúns casos a súa total destrución e desaparición por motivos diversos, pero principalmente polo descoñecemento da cidadanía do seu valor histórico e cultural.

A maior concentración de túmulos está na parroquia de Candeán, ao norleste do concello, moi preto de Redondela, nunha dorsal de estribación que en dirección suroeste-norleste sobe cara ao Alto de Coto Ferreira. A cota de altitude mínima é duns 300 m.s.n.m. chegando a unha altura máxima de aproximadamente 440 m no cumio do Monte Vixiador.

Estas mámoas están relacionados coa área arqueolóxica existente no Monte Penide, no Concello de Redondela, unha das máis senlleiras concentracións de xacementos arqueolóxicos existentes en Galicia: á parte dunha enorme cantidade de túmulos funerarios (máis dunha trintena), tamén existen numerosos gravados rupestres, un castro e varias zonas onde se teñen atopado diferentes materiais mobles de orixe prehistórica (sobre todo fragmentos de cerámica). 

Casa dos Mouros
Casa dos Mouros

Mámoa da Freiría I
Mámoa I de Costa Freiría

A estrutura monumental e a especial ubicación das mámoas no territorio fainos pensar que os homes desta época querían significar a súa sociedade, a súa forma de seren e o seu pensamento, talvez, a través da morte. O feito de que se construísen hai 6.000 anos sepulturas de dimensións tan visibles, indica que querían mostrar a súa existencia humanizando a paisaxe co claro obxectivo de perdurar no futuro, de pasar á posteridade. 

Hoxe en día non somos capaces de identificar moitos dos túmulos na paisaxe porque, co paso dos séculos, o home seguiu ocupando e modificando o territorio a través de diferentes formas de aproveitamento do seu espazo vital (trazado de camiños, construción de vivendas e outras arquitecturas, agricultura tradicional, repoboacións de novas especies arbóreas, etc.)

CONXUNTO FUNERARIO

Mapa dos xacementos

Mámoa do Chan do Labrador.
Mámoa I de Chan dos Touciños.
Mámoa II de Chan dos Touciños.
Mámoa III de Chan dos Touciños.
Mámoa IV de Chan dos Touciños.
Mámoa I do Ferradouro.
Mámoa II do Ferradouro.
Mámoa III de Costa Freiría.
Mámoa II de Costa Freiría.
Mámoa I de Costa Freiría.
Mámoa do Vixiador.

 

Ferradouro I
Ferradouro II
Freiría I
Touciños IV
Freiría II
Freiría III
Labrador
Vixiador
Toucioños I
Touciños II
Touciños III

O conxunto funerario de Candeán contaba ata hai poucos anos con 18 túmulos, pero cinco deles xa foron destruídos. Posúen características variadas en canto a dimensións e morfoloxía e distribúense xeograficamente ao longo da parroquia dende a Mámoa de Casa dos Mouros (a situada máis ao sur, preto dos campos de fútbol da Madroa) ata a Mámoa do Vixiador (dentro do parque forestal que lle da nome e preto xa de Redondela).  A través do percorrido que propoñemos, só imos visitar 11 delas: as que se atopan entre a Asociación Veciñal e Cultural de Candeán e o parque forestal do Vixador.

O EXPOLIO DAS MÁMOAS

MATERIAL DIVULGATIVO

Poñemos á vosa disposición material divulgativo dirixido ao profesorado e ao alumnado co ánimo de facilitar a visita dos centros escolares á Área Arquelóxica e difundir información sobre o noso patrimonio e a necesidade da súa conservación polas xeracións vindeiras. O material foi creado polo equipo de investigadores que levaron a cabo a intervención na necrópole.

Tamén podedes consultar desde aquí diferentes publicacións e enlaces relacionados co patrimonio arqueolóxico.

 

 
boletin Vacaloura n 4
• Número 4 del boletín Vacaloura
Montes e Patrimonio Arqueolóxico
Octubre de 2006

Descargar PDF - 600 KB