scroll
scroll
scroll


COMO SE CONSTRUÍRON

Dado que non existen restos arqueolóxicos dos aparellos que utilizaron para a construción destas xigantescas estruturas, só podemos imaxinar que utilizaron rudimentarias técnicas para a extracción e transporte das pedras.  Os investigadores, mediante o estudo das técnicas dos canteiros tradicionais, cren que a pedra se extraía facendo palanca sobre rochas que previamente eran fracturadas mediante cuñas de madeira, que cando se mollaban e hinchaban creaban fendas no afloramento rochoso.  Outra técnica sería a de prender lumes nas liñas de rotura da rocha, para posteriormente enfrialas rapidamente con auga, creando unha tensión interna que facilitaba a súa fractura mediante o emprego de ferramentas de percusión (mazas ou similares).
Esquema dunha mámoa

Esquema construtivo dunha mámoa


Posteriormente as lousas serían transportadas sobre algún tipo de aparello conformado por rolos de madeira, a modo de rastro, e cordas; unha vez chegado ao lugar onde estaba previsto erguer o monumento, eran colocadas sobre o furado de cimentación correspondente, levantándoas con pancas de madeira e cordas e, talvez, empregando a propia elevación tumular a modo de rampa. A primeira pedra colocada sería a denominada “de cabeceira” e, a partir dela, irían apoiadas entre si, lixeiramente inclinados e a ambos os dous lados de cada un o resto dos ortostatos ata conformar a cámara megalítica; para rematar, sería colocada a pedra de cuberta que, ademais de cerrar a estrutura, tería unha funcionalidade práctica como estabilizador da construción. Finalmente taparíase toda a estrutura con terra e pedras para conformar o túmulo.

ENXOVAIS E REPRESENTACIÓNS ARTÍSTICAS

Cista con morto
Ídolo Lítico Ídolo Lítico
Fragmento de muiño
Fragmento
de muíño
Fragmento de muiño
Cando pensamos nunha estrutura funeraria, o primeiro que nos vén á cabeza é o defunto. Non obstante, en Galicia, non se atopan restos humanos dentro destas sepulturas, xa que os solos graníticos galegos posúen unha grande acidez que co paso do tempo descompón os ósos por completo. En cambio si chegaron ata nós os obxectos que se depositaban xunto aos mortos.

Cando se escava un túmulo é moi habitual atopar nel obxectos como puntas de frecha, contas de colar, cerámicas lisas e decoradas, machados pulidos, ídolos antropomorfos de pedra, muíños de man, etc., é dicir, un conxunto de diferentes pezas que permiten aos arqueólogos interpretar o pasado.

Nalgúns casos as pedras da cámara aparecen decoradas con gravados e/ou pinturas nas que se representan motivos de difícil interpretación para nós.  O monumento megalítico máis famoso en Galicia pola súa decoración é o Dolmen de Dombate (Cabana – A Coruña), que conta con motivos gravados circulares, serpentiformes e outros xeométricos, así como con pinturas de extraordinaria calidade realizadas a base de figuras xeométricas de zigue-zagues, puntos, franxas, triángulos e reticulados en cores vermellas e negras sobre unha capa de imprimación de cor branca-ocre.

A técnica que utilizaron para levar a cabo a decoración pictórica foi a seguinte: en primerio lugar deuse ás pedras da cámara megalítica unha capa de imprimación de cor clara composta, sobre todo, por caolín peneirado e amalgamado con manteiga de vaca e que nalgunhas zonas acada un grosor considerable; de seguido, sobre esta preparación, debuxábanse os motivos empregando as cores que previamente foran elaboradas con óxidos de ferro con aglutinante para poder fixar a pintura (cor vermella) e carbón vexetal (cor negra).

 

Cámara con gravados
Cámara con gravados
Cámara con gravados Cámara con gravados

En definitiva, todos estes datos e a información que se deriva deles, permítennos comprender mellor estas antigas sociedades. As puntas de frecha, as cerámicas e os machados fálannos do que facían na súa vida diaria, os ídolos e as decoracións das estruturas megalíticas témolas que asociar a unha relixiosidade descoñecida para nós.

A FIN DUNHA ÉPOCA

Aproximadamente, cara ao 2.700 a.C., as grandes arquitecturas megalíticas con corredor comezan a ser pechadas e, dun xeito progresivo comeza un diferente proceso construtivo que leva implícito unha maior variedade tipolóxica dentro das construcións tumulares ou, tamén, a reutilización de tumbas xa construídas con anterioridade.  En xeral trátase de túmulos de menor tamaño destinados a enterramentos individuais en fosa ou con estruturas en pedra máis pequenas. Progresivamente, cara ao ano 1.700 a.C. (no inicio dun novo período da Prehistoria denominado Idade do Bronce) semella que os enterramentos en túmulo deixan de construírse para ser substituídos por outras formas de enterramento que non deixaron unha pegada evidente na paisaxe.

 

 




CONXUNTO FUNERARIO

Roteiro das Mámoas

Mámoa do Chan do Labrador.
Mámoa I de Chan dos Touciños.
Mámoa II de Chan dos Touciños.
Mámoa III de Chan dos Touciños.
Mámoa IV de Chan dos Touciños.
Mámoa I do Ferradouro.
Mámoa II do Ferradouro.
Mámoa III de Costa Freiría.
Mámoa II de Costa Freiría.
Mámoa I de Costa Freiría.
Mámoa do Vixiador.

Ferradouro I
Ferradouro II
Freiría I
Touciños IV
Freiría II
Freiría III
Labrador
Vixiador
Toucioños I
Touciños II
Touciños III

O conxunto funerario de Candeán contaba ata hai poucos anos con 18 túmulos, pero cinco deles xa foron destruídos. Posúen características variadas en canto a dimensións e morfoloxía e distribúense xeograficamente ao longo da parroquia dende a Mámoa de Casa dos Mouros (a situada máis ao sur, preto dos campos de fútbol da Madroa) ata a Mámoa do Vixiador (dentro do parque forestal que lle da nome e preto xa de Redondela).  A través do percorrido que propoñemos, só imos visitar 11 delas: as que se atopan entre a Asociación Veciñal e Cultural de Candeán e o parque forestal do Vixador.

O EXPOLIO DAS MÁMOAS

MATERIAL DIVULGATIVO

Poñemos á vosa disposición material divulgativo dirixido ao profesorado e ao alumnado co ánimo de facilitar a visita dos centros escolares á Área Arquelóxica e difundir información sobre o noso patrimonio e a necesidade da súa conservación polas xeracións vindeiras. O material foi creado polo equipo de investigadores que levaron a cabo a intervención na necrópole.

Tamén podedes consultar desde aquí diferentes publicacións e enlaces relacionados co patrimonio arqueolóxico.

 

 
boletin Vacaloura n 4
• Número 4 del boletín Vacaloura
Montes e Patrimonio Arqueolóxico
Octubre de 2006

Descargar PDF - 600 KB

 

MATERIAL DIVULGATIVO

Poñemos á vosa disposición material divulgativo dirixido ao profesorado e ao alumnado co ánimo de facilitar a visita dos centros escolares á Área Arquelóxica e difundir información sobre o noso patrimonio e a necesidade da súa conservación polas xeracións vindeiras. O material foi creado polo equipo de investigadores que levaron a cabo a intervención na necrópole.

Tamén podedes consultar desde aquí diferentes publicacións e enlaces relacionados co patrimonio arqueolóxico.

 

 
boletin Vacaloura n 4
• Número 4 del boletín Vacaloura
Montes e Patrimonio Arqueolóxico
Octubre de 2006

Descargar PDF - 600 KB

 

 

Ídolo Lítico Fragmento de muiño Cámara con gravados